Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38806

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da Comisión Negociadora do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia, na cal se acorda que os incrementos previstos nas táboas salariais resultarán aplicables desde a data de publicación e con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2023.

Visto o texto da acta da Comisión Negociadora do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia, na cal se acorda que os incrementos previstos nas táboas salariais contidas na publicación do DOG núm. 63, do 30 de marzo de 2023, resultarán aplicables desde a data de publicación e con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2023, que se subscribiu con data do 14 de abril de 2023, entre a representación de Aexidega e a representación legal dos traballadores e traballadoras das centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre o rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, a Dirección Xeral de Relacións Laborais,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da Comisión Negociadora do V Convenio colectivo de instalacións
deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia

Santiago de Compostela, ás 12.00 horas do día 14 de abril de 2023, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a seguir se sinalan:

– Representación sindical:

Rubén Duruelo Cuerdo (CIG).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Artur Xaquín Cougil Conde (CIG).

Xoán Galdo Regueiro (CIG).

Óscar Quintás Vázquez (CIG).

Antonio Gómez Polo (CIG).

Ramón Dopico López (UGT).

Mª Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Manuel González Pidre (CC.OO.).

José Francisco Crespo Pouso (CC.OO.).

Cayetana Otero Quintana (CC.OO.).

Mª Carmen Loureiro Dapena (CC.OO.).

Eduardo Justo Davila López (CC.OO.).

Manel Mosteiro Rodríguez (CC.OO.).

Ángel García Varela (CC.OO.).

– Representación empresarial:

Pedro Iglesias Santos (Aexidega).

Alberto Viejo Puga (Aexidega).

José Saúl Álvarez Pombo (Aexidega).

En relación coa acta da Comisión Negociadora do 27 de febreiro de 2023, na cal se acordan os incrementos salariais correspondentes aos anos 2023, 2024 e 2025 e que foi obxecto de publicación no DOG núm. 63, do 30 de marzo de 2023, acórdase o seguinte:

Primeiro. Os incrementos previstos nas táboas salariais contidas na acta referida resultarán aplicables desde a data de publicación con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2023.

Segundo. Delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación do presente acordo.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza no lugar e na data sinalados, ás 12.30; asinan a presente acta en proba de conformidade:

Rubén Duruelo Cuerdo (CIG)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Artur Xaquín Cougil Conde (CIG)

Xoán Galdo Regueiro

(CIG)

Óscar Quintás Vázquez (CIG)

Antonio Gómez Polo

(CIG)

Ramón Dopico López (UGT)

Manuel González Pidre (CC.OO.)

José Francisco Crespo Pouso (CC.OO.)

Cayetana Otero Quintana

(CC.OO.)

Mª Carmen Loureiro

Dapena (CC.OO.)

Eduardo Justo Davila López (CC.OO.)

Manel Mosteiro Rodríguez (CC.OO.)

Ángel García Varela

(CC.OO.)

Mª Teresa Pérez Pardo (CC.OO.)

Alberto Viejo Puga

(Aexidega)

Pedro Iglesias Santos (Aexidega)

José Saúl Álvarez Pombo

(Aexidega)