Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38481

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 5 de xuño de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp
no primeiro cuadrimestre do ano 2023

Convenio

Data de sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Nigrán.

9.1.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cedeira.

9.1.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cangas.

30.1.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de O Grove.

30.1.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a sunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policíal local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Poio.

30.1.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Pontedeume.

6.2.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Lugo.

10.2.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ferrol.

17.2.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local, ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Muxía.

27.2.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ribadavia.

15.3.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso á categoría de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Mugardos.

24.3.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso aos postos de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Baiona.

30.4.2023

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso a diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Laxe.

24.4.2023

Sen achega económica