No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 134, do 13 de xuño de 2023, publicouse a modificación das bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais, o procedemento selectivo para a cobertura como persoal laboral fixo dunha (1) praza de axente de emprego e desenvolvemento local no Concello de Abadín, dentro da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal laboral temporal do Concello de Abadín, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de modificación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.
Abadín, 13 de xuño de 2023
José María López Rancaño
Alcalde presidente