Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023 pola que se fai publica a adxudicación e outorgamento de licenza de practicaxe no porto de Ribadeo conforme o artigo 116 e seguintes da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Mediante a Resolución do 1 de setembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 180, do 21 de setembro, fíxose pública a convocatoria dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe do porto de Ribadeo, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Vista a proposta de adxudicación formulada o 3.1.2023 pola comisión designada e en virtude das facultades conferidas polo artigo 12.3.g) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, a presidenta desta entidade pública empresarial, o 24.3.2023, resolveu adxudicar e acordar o outorgamento dunha única licenza de prestación do servizo especial de practicaxe do porto de Ribadeo, a Ribadeo Pilots, S.L.P. (NIF B27491513), por ser a única oferta presentada e admitida, e cumprir esta con todos os requisitos exixidos nos pregos que rexen o presente procedemento «Licenza para a prestación do servizo portuario de practicaxe de buques no porto de Ribadeo, Lugo», baixo o réxime da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, no que resulte de aplicación do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, con suxeición ao vixente prego de prescricións particulares do servizo portuario de practicaxe no porto de Ribadeo aprobado polo Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia, en sesión ordinaria do 22 de decembro de 2021, de conformidade coas previsións contidas na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, así como con suxeición á oferta vinculante presentada por Ribadeo Pilots, S.L.P. e as bases da convocatoria pública, acto preparatorio do outorgamento desta licenza.

Tarifas da licenza:

Tarifas oferta Ribadeo Pilots, S.L.P.

Buques

Practicaxe

Movemento

Amarre

Recargas

De 0 a 1500

244,00 €

244,00 €

227,00 €

Sábados

40,00 %

De 1500 a 2500

315,00 €

296,00 €

261,00 €

Domingos

50,00 %

De 2500 a 3500

374,00 €

335,00 €

308,00 €

Nocturnos

40,00 %

De 3500 a 5000

397,00 €

383,00 €

348,00 €

Máis de 1000

53,00 €

53,00 €

32,00 €

Compensación máxima do servizo: conforme o anexo IV, Compensación máxima do servicio, do prego de condicións reitor desta licenza, a compensación máxima para equilibrar o servizo recollido no dito prego será de: 90.081,00 €/ano. A compensación calcularase coa referencia do previsto estimado do contrato (232.250,00 €/ano) co obxecto de garantir como ingresos mínimos os custos estimados.

Prazo da licenza: prazo de 10 anos, sen superar en ningún caso os 11,25 anos indicados na lei, por estar limitada a concorrencia a un único prestador ou corporación.

Efectos da licenza: efectos a partir do día 24 de marzo de 2023.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia