Mediante o acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 27 de abril de 2023, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico/a funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público de 2022 do Concello de Ames.
O período de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña, núm. 89, do 11 de maio de 2023.
Ademais publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.
Ames, 12 de maio de 2023
José Blas García Piñeiro
Alcalde