Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro.

O Pleno do Concello do 25.5.2023 adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro, no ámbito do quinteiro 8C do reflectido polígono residencial, predio con referencia catastral 2849201NJ6125S0001RH, aprobada inicialmente o 13.6.2022 pola Xunta de Goberno Local, instada pola Universidade da Coruña e contida no documento elaborado por Oficina de Planeamento, S.A., asinado o 29.3.2022.

2. Deixar sen efecto a suspensión dos procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición referidos ao soar afecto, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

3. Realización dos trámites previstos nos artigos 82 e 86 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sobre publicacións, e promover a inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos da súa entrada en vigor».

Medidas para o seguimento dos efectos no ambiente: a Resolución do 20.4.2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que formula o informe ambiental estratéxico, resolve non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica a proposta de modificación puntual aprobada; por iso, non cómpre adoptar ningún tipo de medida.

O documento aprobado definitivamente pode consultarse na sede electrónica do Concello (https://www.ferrol.gal/Sede/PlaneamentoUrbanistico).

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ferrol, 1 de xuño de 2023

O alcalde
P.D. (Alcaldía do 8.7.2019, BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado titular da Área de Urbanismo e Infraestruturas,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación,
Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna