Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 37960

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nos centros dependentes da Xunta de Galicia durante a folga convocada polas centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) no sector da limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo para o día 20 de xuño de 2023.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).

Os representantes das centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG) a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) comunicaron á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a convocatoria da folga que terá lugar o día 20 de xuño de 2023, desde as 00.00 horas ás 24.00 horas. Para as empresas que teñan quendas, o horario será das 22.00 ou 23.00 do día anterior ata as 22.00 ou 23.00 horas do propio día. A folga afectará todas as empresas do sector da limpeza que prestan servizos na provincia de Lugo e todos os centros de traballo en que son adxudicatarias dos servizos de limpeza e, en consecuencia, todos os/as traballadores/as que prestan servizos para estas, salvo que non apliquen o Convenio colectivo de limpeza da provincia de Lugo.

A este respecto, o artigo 10 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo, establece que, cando a folga se declare en empresas encargadas da prestación de calquera xénero de servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade e concorran circunstancias de especial gravidade, a autoridade gobernativa poderá adoptar as medidas necesarias para asegurar o funcionamento dos servizos.

Deste xeito, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan e xustifican nesta orde.

A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, entre outras STC 183/2006, do 19 de xuño, vén considerando como servizos esenciais aqueles que satisfán dereitos e intereses dos cidadáns vinculados aos dereitos fundamentais, liberdades públicas e bens constitucionalmente protexidos, como son os dereitos á protección da saúde e o dereito á seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Proporcionalidade entre os sacrificios que se impoñan aos folguistas e os que padezan os usuarios dos servizos.

b) Equilibrio entre os dereitos e intereses dos traballadores en folga e dos cidadáns afectados.

c) Suficiencia na realización do traballo necesario que permita a cobertura mínima do servizo, aínda sen alcanzar os niveis normais de prestación.

Neste contexto, xúlgase necesario o establecemento duns servizos mínimos de limpeza que garantan unhas adecuadas condicións de limpeza para o desenvolvemento dos servizos públicos.

De xeito máis concreto, respecto da Oficina de Turismo de Lugo, propóñense os servizos mínimos indispensables para garantir a salubridade e as condicións de hixiene mínimas, coa limpeza de baños e retirada de lixo, xa que é un lugar de grande afluencia de público.

En canto aos edificios xudiciais, a fixación desta porcentaxe de servizos mínimos nos xulgados da provincia de Lugo vén xustificada pola necesidade de garantir unhas mínimas condicións de hixiene que permitan asegurar diariamente a retirada de lixo, a limpeza de baños e outras necesidades urxentes e inaprazables, con especial atención ás zonas de uso común.

Polo que se refire aos centros dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude, a folga afecta empresas adxudicatarias dos servizos de limpeza en diversos centros e unidades da consellería na provincia de Lugo.

O servizo público de asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

A paralización dos servizos de limpeza pode provocar nos centros e unidades afectadas graves problemas de salubridade con consecuencias imprevisibles se non se mantén o mínimo de actividade que garanta a prestación dos servizos públicos nos ditos centros e unidades, polo que se establecen os servizos esenciais para a comunidade ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.

Todo o persoal cuxa presenza se cuantifica como esencial para o mantemento dos servizos mínimos é absolutamente necesario e indispensable xa que a limpeza constitúe unha das exixencias máis relevantes nos nosos centros e unidades.

Polo que respecta aos centros dependentes da Consellería do Medio Rural, o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia é un centro aberto ao público en que traballan 70 persoas, polo que é preciso manter un nivel axeitado de limpeza por hixiene e salubridade das persoas.

Ao tratarse dun laboratorio en que se realizan ensaios microbiolóxicos e se manexan produtos químicos, as condicións hixiénicas do ambiente preservan a integridade das mostras durante as manipulacións, protexen os medios de cultivo e os reactivos de posibles contaminacións e reducen os riscos sanitarios do persoal. Por todo o exposto, están establecidos métodos específicos de limpeza e desinfección de instalacións, equipos e superficies, así como procedementos para o tratamento de verteduras accidentais.

En consecuencia, de acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, en virtude das facultades que me confire o Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

1. A convocatoria de folga efectuada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) que terá lugar a partir das 00.00 horas do día 20 de xuño de 2023 e que afectará todas as empresas do sector da limpeza que prestan servizos na provincia de Lugo e todos os centros de traballo en que son adxudicatarias dos servizos de limpeza e, en consecuencia, todos os/as traballadores/as que prestan servizos para estas, salvo que non apliquen o Convenio colectivo de limpeza da provincia de Lugo, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.

2. Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan no anexo á presente orde.

Artigo 2

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación suficiente. A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada polos empregadores e notificada ao persoal designado.

Disposición derradeira.

Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Servizos mínimos da Presidencia da Xunta de Galicia

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Oficina Turismo Lugo (r/ do Miño 12, baixo, Lugo)

4 horas diarias

50 %

Limpador/a

Xornada partida

– Servizos mínimos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Audiencia Provincial Lugo

1

50 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgado de Becerreá

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgado de Chantada

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgados de Lugo

2

40 %

Limpador/a

1 quenda de mañá/1 quenda de tarde

Xulgados de Mondoñedo

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgados de Monforte de Lemos

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgado de Sarria

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgados de Villalba

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgados de Viveiro

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

Xulgado de Paz de Ribadeo

1

100 %

Limpador/a

Quenda de tarde

– Consellería de Política Social e Xuventude

Centro

Total

Servizos minimos

Posto

Quenda

Residencia de maiores As Gándaras

11

5

Limpador/a

Mañá

3

Limpador/a

Tarde

Capd Sarria

6

3

Limpador/a

Mañá

2

Limpador/a

Tarde

Residencia de maiores de Monforte de Lemos

4

2

Limpador/a

Mañá

1

Limpador/a

Tarde

Centro sociocomunitario A Milagrosa de Lugo

2

1

Limpador/a

Mañá

1

Limpador/a

Tarde

Centro sociocomunitario Ribadeo

2

2

Limpador/a

Mañá

Centro sociocomunitario Vilalba

1

1

Limpador/a

Mañá/tarde

Centro sociocomunitario Mondoñedo

1

1

Limpador/a

Mañá

Residencia de maiores de Burela

1

1

Limpador/a

Mañá

Sección Cualificación e Valoración de Discapacidades Lugo

3

1

Limpador/a

Mañá

1

Limpador/a

Tarde

Centro Santo Anxo de Rábade

1

1

Limpador/a

Mañá

Espazo Xove de Chantada

1

1

Limpador/a

Mañá

Casa do mar de Burela

2

1

Limpador/a

Mañá

Casa do mar de Celeiro

2

1

Limpador/a

Mañá

– Consellería do Medio Rural

Centro

Total

Servizos mínimos

Posto

Quenda

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (DXGAIA)

4

1

Limpador/a

Tarde