Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-porto exterior de Ferrol, nos termos municipais de Ferrol e Narón, que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/435-1).

Feitos:

1. O 20.12.2022 UFD Distribución Electricidad, S.A. (en adiante, promotor) presentou, ante a Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (en adiante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-porto exterior de Ferrol, nos concellos de Ferrol e Narón (A Coruña), á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2022/435-1.

Con esta solicitude xuntouse a seguinte documentación técnica:

– Proxecto de execución denominado Soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-porto exterior de Ferrol, asinado o 4.7.2022 polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado número 2.221 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado por este colexio co número 20222055, de data 7.7.2022, no cal figura un orzamento total de 3.330.268,89 euros.

– Separatas do proxecto de execución para as entidades afectadas: Concello de Ferrol, Concello de Narón, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Nedgia Galicia, S.A., R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A. e Telefónica de España, S.A.

A infraestrutura eléctrica proxectada ten por obxecto o soterramento do tramo aéreo que comparten as LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña (circuíto 2 -C2-) e Cornido-porto exterior (circuíto 1 -C1-). Comprenden as seguintes actuacións, coas características técnicas indicadas:

– Desmantelamento tramo LAT DC a 132 kV, de 1.759 m, condutor tipo AL-AC 15.82, con orixe no apoio nº 1 (92003803) existente para desmantelar das LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido (IN407A 2016/2691-1) e LAT 132 kV porto exterior-Cornido (lN407 A 2016/2692-1) e remate no apoio nº 8 (92003795) para desmantelar. Desmantelamento dos apoios metálicos de celosía intermedios. Tamén se desmantelarán os vans SC desde o apoio nº 20 (paso aéreo-subterráneo (PAS) (92045771) existente do C1 LAT 132 kV porto exterior-Cornido ata o apoio nº 1 (92003803) existente (20 m), e desde o pórtico da subestación Santa Mariña ata o apoio nº 1 (92003803) do C2 LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido (20 m), así como o propio apoio nº 20 (PAS) (92045771).

– Novo tramo subterráneo de LAT a 132 kV e condutor tipo Al630+H165 Cu (XLPE):

• Circuíto 1 (C1)-LAT 132 kV porto exterior-Cornido, de 2.678 m (X3) m.

• Circuíto 2 (C2)-LAT 132 kV Santa Mariña-Cornido, de 2.692 m (X3) m.

• Tramo inicial SC:

– C1, con orixe na caixa de empalmes CE01-C1 e remate no punto de saída en DC da LATS situada dentro da SE Santa Mariña.

– C2, con orixe na posición de intemperie existente (PAS con autoválvulas para instalar) na subestación e remate no punto de saída en DC da LATS situada dentro da SE Santa Mariña.

• Tramo central en DC: C1 e C2, con orixe no punto de saída en DC da LATS e remate nun punto de chegada situado na rúa Solaina.

• Tramo final SC:

– C1, con orixe nun punto de chegada situado na rúa Solaina e remate na cámara de empalme CE07-C1 proxectada.

– C2, con orixe nun punto de chegada situado na rúa Solaina e remate na cámara de empalme CE06-C2 proxectada.

2. O 27.1.2023 a xefatura territorial adoptou o acordo polo que se someteron a información pública as autorizacións administrativas previa e de construción da referida infraestrutura eléctrica.

Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.2.2023 e no Boletín Oficial da provincia do 2.2.2023. Así mesmo, estivo exposto nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Ferrol e Narón) e nas dependencias da Xefatura Territorial, así como no portal de transparencia desta consellería.

Durante o período de información pública non se presentaron escritos de alegacións.

3. O 19.1.2023 a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica ás seguintes entidades: Concello de Ferrol, Concello de Narón, Augas de Galicia, Deputación Provincial da Coruña, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Nedgia Galicia, S.A., R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A. e Telefónica de España, S.A.

A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, os correspondentes condicionados técnicos: Concello de Ferrol, o 12.4.2023; Concello de Narón, o 27.2.2023; Deputación Provincial da Coruña, o 10.4.2023; Nedgia Galicia, S.A., o 31.1.2023; R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.; o 23.1.2023, e Telefónica de España, S.A., o 19.1.2023. O promotor presentou a súa conformidade aos condicionados emitidos.

Para o resto das entidades que non contestaron, e sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de conformidade co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

4. O 26.4.2023 a Xefatura Territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente, deu traslado deste á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) para os efectos de ditar a oportuna resolución. A Xefatura Territorial incorporou ao expediente o informe emitido o 26.4.2023 polos seus servizos técnicos, no cal se informa que, desde un punto de vista técnico, non se encontra ningún impedimento para emitir a autorización administrativa previa e de construción da referida infraestrutura eléctrica.

Consideracións legais e técnicas:

1. A DXPERN é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 28 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura eléctrica denominada soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-porto exterior de Ferrol, nos concellos de Ferrol e Narón (A Coruña), que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura eléctrica.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Soterramento das LAT 132 kV Cornido-Santa Mariña e Cornido-porto exterior Ferrol, asinado o 4.7.2022 polo enxeñeiro industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado nº 2.221 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado por este colexio co número 20222055 e data 7.7.2022, e no cal figura un orzamento total de 3.330.268,89 euros.

2. O promotor asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manteñan sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN. Non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberalle comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a Xefatura Territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os cales mostrou a súa conformidade.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais