Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CÉDULA do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro, o trámite de audiencia e a posibilidade do reintegro voluntario do expediente CT221C 2021 / Obra: A vida salvaxe, tramitado ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2021.

Unha vez tentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida, o trámite de audiencia e a posibilidade do reintegro voluntario do expediente CT221C 2021 / Obra: A vida salvaxe tramitado ao abeiro da Orde do 16 de marzo pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 62, do 5 de abril).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Entidade: Osuuskunta Kirjasin.

Enderezo: Linnankatu, 24.

Código postal: 20100 Turku (Finland).

Número de expediente: CT221C 2021 / Obra: A vida salvaxe.

Data do acordo de iniciación do procedemento de reintegro: 10.1.2023.

Preceptos incumpridos:

Artigos 19 e 20.4 da Orde do 16 de marzo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 62, do 5 de abril).

Cantidade que debe reintegrar: 559,82 euros.

Trámite de audiencia: concédeselle un prazo de 15 días desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado para alegar o que considere oportuno, de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Órgano responsable: Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal (Xunta de Galicia).

Teléfono: 00 (34) 981 54 48 10.

Enderezo: Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n,15781 (Santiago de Compostela).

Correo electrónico: axudas-libro.cultura@xunta.gal