Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada, para ser notificadas por comparecencia, nos expedientes sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0010/2023-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, é emprazada a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación aos procedementos sancionadores, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), son notificados á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e o lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, á sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 31 de maio de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0010/2023-V

DNI 32708507T

Acordo de inicio