Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, número de elenco 2717535, do concello da Pontenova (expediente 30/2022).

O 10 de setembro de 1993 asinouse o convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, 2717535, subscrito entre a Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e Eugenio Fernández Fernández, Alberto Ramallal Fernández e Pedro González Ron, en virtude do poder notarial outorgado en Meira o 17 de xullo de 1993. A superficie conveniada foi de 73 ha.

No poder notarial figuran como apoderados Eugenio Fernández Fernández, Alberto Ramallal Fernández e Pedro González Ron, e como poderdantes José Cabanas Fernández, Francisco Díaz González, José Mª González Basanta, Jesús Otero Fernández, José Fernández González, Antonio Fernández Castro, Jesús Aladino Rodríguez Fernández, Eugenio Díaz Ron, Humberto Costa Rodríguez, Segunda Pérez Loureiro, María García Castro, José García Fernández, María del Carmen Braña Fernández, José Ramón Díaz Pérez, Salvador Vilarino Lamas, Nemesia Rodríguez Magadan, Mª Carmen Cabanas Veiga, Emerita Rivas Pol e Elciras Rivas Pol.

O 15 de marzo de 2019 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de José Luís González García, Alberto Ramallal Fernández e José Ramón Fernández Vares no cal solicitan a extinción do convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, número de elenco 2717535. Neste escrito manifestan que actúan como representantes dos propietarios incluídos no convenio, segundo o acordado na reunión celebrada o 23 de decembro de 2018. Xuntan a este escrito as solicitudes individuais de José Ramón Fernández Fernández, Mª del Carmen Braña Fernández, José Carlos Veiga Pérez, José Ramón Fernández Rodríguez, Salustiano Veiga García, Aquilino Rodríguez Arias, José Ramón Díaz Pérez, Jesús Otero Dalúa, Jesús Aladino Rodríguez Fernández, José Mª Llenderrozas García, Mª del Pilar Linares Costeira, Mª Josefa López Otero, José Luís González García, Mª Soledad González Díaz, Ana Mª Rodríguez González, Elcira Rivas Pol, Camila Pardo Suárez, Rogelia Costa Abelleira, Mª Teresa García Rivas, Araceli Cabanas Rey, Rosa Fernández Cabanas, Josefa Fernández Cabanas, Josefa García Rivas, José Luís Rey Díaz, Segunda Pérez Loureiro, José Ramón Díaz Fernández, Ramón Fernández Vares, Ceferino Lamas Pérez, Alberto Ramallal Fernández, Josefa Fernández Cabanas, Mª Concepción Cabanas Veiga e Mª Beatriz García Fernández.

O 4 de novembro de 2022 a técnica do Distrito VI A Mariña Lucense emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 26 de abril de 2023 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, con número de elenco 2717535, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que terminará o 31 de decembro de 2023, momento no que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción do convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, 2717535.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Lagoa, Corno e Valinquente, número de elenco 2717535, do concello da Pontenova (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 30 de maio de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo