Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536, do concello da Pontenova (expediente 29/2022).

O 10 de setembro de 1993 asinouse o convenio de Beche, 2717536, subscrito entre a Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e José Fernández Pérez, María Rodríguez Fontangordo e Salustiano Veiga Cotarelo, en virtude do poder notarial outorgado en Meira o 17 de xullo de 1993. A superficie conveniada foi de 33 ha.

No poder notarial figuran como apoderados José Fernández Pérez, María Rodríguez Fontangordo e Salustiano Veiga Cotarelo e como poderdantes Miguel Veiga Fernández, José Costeira Fernández, Anselmo Linares Ron, Claudina Trevín Rivas, Brígida Loureiro Bouza, Mª Azucena Rodríguez Leivas, Eliseo Fernández Fernández, Camilo Díaz Fernández, José Mª Rivas Díaz, Segunda Pérez Loureiro e Manuel Penedo Otero.

O 11 de maio de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Francisco José Veiga Fernández, Guillermo Tella Rodríguez e Francisco Veiga García no cal manifestan que son propietarios e persoas integrantes da comisión xestora do monte de Beche e solicitan a extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536.

O 17 de xullo de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Francisco José Veiga Fernández, Mª Rosa Costeira Couso, Benigno Rico García, Delfina Veiga Fernández, Aurora Rodríguez Leivas, Claudina Trevín Rivas, Gervasio Murado García, José Ángel Fernández Fernández, Nieves Lourido Fernández, Mª Soledad Rivas Canteiro, Gabriel Fernández Dasribas, Eliseo Fernández Fernández, Consuelo Fernández Fernández, Josefa Fernández Fernández, Mª del Carmen Fernández Rodríguez, Manuel Penedo Otero, Segunda Pérez Loureiro, Guillermo Tella Rodríguez e Francisco Veiga García, no cal manifestan que son propietarios do monte de Beche e solicitan a extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536.

O 9 de xaneiro de 2022 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Francisco Manuel Veiga García, Guillermo Tella Rodríguez e Francisco José Veiga Fernández no cal, en representación dos propietarios do monte de Beche, solicitan a extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536.

O 4 de novembro de 2022 a técnica do Distrito VI A Mariña Lucense emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 25 de abril de 2023 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Beche, con número de elenco 2717536, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que terminará o 31 de decembro de 2023, momento en que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción do convenio de Beche, 2717536.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Beche, número de elenco 2717536, do concello da Pontenova (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 30 de maio de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo