De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Dar publicidade á resolución da concesión das axudas da Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B), que figura como anexo nesta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023
O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.
Crédito orzamentario: 80.000 €.
Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante pola Xunta de Galicia en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
c) Finalidade:
Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
• Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras.
• Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.
• Liña C. Racionalización da transhumancia.
• Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axuda ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.
• Liña E. Medidas de apoio á repoboación da cabana apícola.
• Liña G. Seguimento de mercado.
d) Destinatarios:
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e as cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa nacional apícola 2020-2022.
e) Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Tamén poderá interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
f) Beneficiarios e importe concedido:
Nº expediente |
Beneficiario/a |
NIF |
Contía |
APIPE-2023-32-004 |
Asociación Agrupación Apícola de Galicia |
V32252496 |
27.946,84 € |
APIPE-2023-15-008 |
Asociación Galega de Apicultura |
G15077282 |
21.280,00 € |
APIPE-2022-27-012 |
Asociación Provincial Lucense de Apicultura |
G27022276 |
12.371,66 € |
APIPE-2023-32-002 |
Asociación Apícola Abellas Nais |
G32467458 |
10.130,67 € |
APIPE-2023-15-011 |
Asociación Casa do Mel |
G70243852 |
7.606,10 € |
APIPE-2023-32-003 |
Asociación Proxectos Galegos de Apicultura |
F32496036 |
664,73 € |