Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) e o estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Varilongo, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/089), e a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da LMTS 20 kV de evacuación do parque eólico Varilongo, no concello de Santa Comba (expediente IN408A 2021/048).

Sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a continuación, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación.

1º Parque eólico:

Solicitante/Promotor: Cortizo Eólicas. NIF: B15810344.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fonte de Santo Antonio nº 1, 2º, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Varilongo (nº de expediente: IN408A 2020/089).

Concellos afectados: Santa Comba e Coristanco (A Coruña).

Potencia para instalar: 3 MW.

Nº de aeroxeradores a instalar: 1 ud. × 3 MW/ud.

Produción media neta estimada: 10.056 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.352 horas.

Orzamento de execución material: 2.920.489,89 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Varilongo

ADE

G9/G10

Parque eólico Varilongo

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

513.876

4.772.015

Coristanco

2

514.704

4.771.997

Santa Comba

3

514.544

4.770.846

Santa Comba

4

514.172

4.770.739

Santa Comba

Parque eólico Varilongo

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

VAR01

514.258

4.771.492

Santa Comba

Parque eólico Varilongo

Centro de manobra e medida

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

CMM

514.348

4.770.859

Santa Comba

Características técnicas da instalación:

• Un (1) aeroxerador tripá, modelo E-115 EP3 E3 de Enercon, de potencia nominal unitaria 3 MW, velocidade e paso variables, diámetro do rotor de 115,7 m e altura ata a buxa de 87 m.

• Un (1) centro de transformación trifásico montado no interior da góndola de cada aeroxerador, de tipo seco, relación de transformación 20/0,63 kV e potencia aparente nominal 4.500 kVA.

• Un (1) centro de manobra e medida 20 kV, implantado nun módulo prefabricado de formigón, no cal se instalarán os seguintes equipamentos:

– Unha cela de interruptor automático, motorizada e telemandada para entrada dos circuítos colectores a 20 kV, de corte en aire e illamento en SF6.

– Unha cela de medida dotada de 3 TT e TI con armario de resistencia de carga e contador de medida.

– Unha cela interruptor-seccionador con ruptofusible combinada de protección de transformador a 20 kV, de corte e illamento en SF6.

– Un transformador 20/0,420 kV de 25 kVA illamento seco co seu armario de proteccións de saída.

– Armario de baterías ión-litio 90 Ah 48 Vcc, cargador con sistema de regulación e convertidor de 230 V.

– Armario de comunicacións FO.

• Un sistema colector de media tensión formado por un circuíto de tensión nominal 20 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada pola aeroturbina ata un novo centro de medida e manobra. O condutor utilizado para esta rede será de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×1×240 mm² Al.

• Toda a produción enerxética do parque eólico verterá no punto de conexión situado na liña aérea de 20 kV que discorre polas proximidades do parque eólico proxectado e que forma parte da rede de distribución da empresa distribuidora Electra de Santa Comba, S.L. A liña de evacuación do parque eólico, co orixe no centro de manobra e medida e fin no apoio nº 7 da dita liña de distribución, non é obxecto deste proxecto, senón doutro independente, que está actualmente en tramitación, co número de expediente IN408A/2021/048.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) das instalacións.

2º LMTS 20 kV evacuación parque eólico:

Solicitante/Promotor: Cortizo Eólicas, S.L. (NIF: B15810344).

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fonte de Santo Antonio, 1, 2ª planta, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: liña subterránea de evacuación 20 kV parque eólico Varilongo (nº de expediente: IN408A/2021/048).

Concellos afectados: Santa Comba (A Coruña).

Orzamento de execución material: 59.943,80 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Características técnicas da instalación:

• Trátase dunha liña soterrada de tensión nominal 20 kV, de simple circuíto, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 240 mm² Al.

• A súa lonxitude é de 505 m e discorre en canalización entubada.

• Inicio da liña: o centro de seccionamento e medida do parque eólico Varilongo (coordenadas UTM: ×=514.348, y=4.770.859).

• Fin da liña: o apoio nº 7 (coordenadas UTM: x=514.768, y=4.770.609) da liña de distribución de Electra de Santa Comba, S.L., que discorre polas proximidades do parque.

Obxecto:

Coa finalidade de evacuar os 3 MW de enerxía eléctrica xerada no parque eólico Varilongo (expediente IN408A/2020/089) proxéctase unha liña de media tensión de 20 kV.

Documentación que se expón:

– Parque eólico Varilongo.

1. O proxecto de execución (maio de 2020-asdo. o 4.5.2023).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) (maio de 2020-asdo. o 8.5.2023).

3. O estudo de impacto ambiental (EIA) (abril de 2022-asdo. o 8.5.2023).

– LMTS 20 kV de evacuación do parque eólico Varilongo:

1. O proxecto de execución (outubro de 2021-vsdo. o 3.11.2021).

1.1. Plano xeral da LMTS 20 kV evacuación do parque eólico.

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos: 981 18 49 82 e 981 18 49 17, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Santa Comba e Coristanco (A Coruña)). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 29 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña