Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/31-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón (Lugo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de formigón núm. BN1E5FMI//96, BMW1MOV1//98, BN30QQCB//95 e BMQK2WEN//101 da LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8, a 20 kV, por tres apoios de celosía metálica núm. BN1E5FMI//96, BMW1MOV1//98, BMQK2WEN//101 de tipo C-12/2000, C-20/2000 e C-14/2000, e un apoio de chapa tubular núm. BN1E5FMI//96 de tipo CH-630 R13. Retensado do condutor existente de tipo LC-80 entre os apoios existentes núm. BN4CEQFQ//94 e BMSEW4KI//99 e entre os apoios núm. BMRWGDJB//100 e BMOE04CF//102.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013 levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de maio de 2023

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao 8 entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón (Lugo)

Concello: Pantón.

Expediente: IN407A 2023-31-2.

Declaración de utilidade pública.

Predio núm.

Políg.

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Cantidade

Sup. m2

1

27

293

Viña da Aira

Descoñecido

Matogueira

BN30QQCB//95

1

2

3

11

46

Forcados

Descoñecido

Carballeira

BMW1MOV1//98

1

2