Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a un interesado a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2022/71-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a adecuación da LMTA BCR807 entre os apoios nº 120-9 e 120-54 (Navia de Suarna), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 19 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/71-2.

Denominación: proxecto para a adecuación da LMTA BCR807 entre os apoios nº 120-9 e 120-54 (Navia de Suarna).

Concello: Navia de Suarna.

Declaración de utilidade pública

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Anotación de correos

2

Navia de Suarna

Barbeito

Polígono 45
Parcela 38

José Fernández González

Ausente na repartición