Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36110

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade á resolución de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada.

Mediante Resolución do 19 de decembro de 2022 (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2023), publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada para o ano 2023, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 12.3 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva, do 29 de maio de 2023, de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas. O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de dez (10) días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica