Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36109

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2023, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado das titulacións de grao e máster universitario oficial impartidas na Facultade de Filosofía.

Sen achega económica

14.2.2023

Protocolo de colaboración entre a Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires e o Consello da Cultura Galega.

Sen achega económica

17.2.2023

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Miño para a celebración do 40 aniversario do falecemento de Antón Crestar.

Sen achega económica

14.3.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en materia de normalización lingüística.

16.000 €

29.3.2023

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen achega económica

31.3.2023

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Obra Social para a celebración do Concerto das Letras Galegas 2023 en Vigo.

Sen achega económica

10.4.2023

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Deputación da Coruña en materia de igualdade.

Sen achega económica

17.4.2023