Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Agrupación Empresarial Regional Gallega de Alquiladores de Grúas de Servicio Público (AERGAG).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Agrupación Empresarial Regional Gallega de Alquiladores de Grúas de Servicio Público (AERGAG) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: a asociación representa os intereses profesionais dos socios nela encadradas en cantas actuacións teñan por obxecto a realización dos fins da Asociación.

– Asinante: Pablo Carlos Provedo Doniz e José Carlos García Cumplido.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais