En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de Transportes de Mercancías (Fegatramer) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: a federación representa os intereses profesionais das asociacións nela encadradas en cantas actuacións teñan por obxecto a realización dos fins da federación.
– Asinante: Ramón Alonso Fernández e José Carlos García Cumplido.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais