Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: substitución LSAT 20 kV liña Gapsa 1 (CT MOPU 1, 2, 3 e 4).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa 1 en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 13295 MOPU 1 existente e final nunha cela do CT 375 MOPU 2 existente, cunha lonxitude de 96 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa 1 en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 375 MOPU 2 existente e final nunha cela do CT 3604 MOPU 3 existente, cunha lonxitude de 124 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Gapsa 1 en canalización proxectada, con orixe nunha cela do CT 3604 MOPU 3 existente e final nunha cela do CT 8803 MOPU 4 existente, cunha lonxitude de 146 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 91.902,83 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 30 de maio de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo