Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2023/049-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Madrid Airport Hotels, S.L.

Domicilio social: rúa Alfonso Gómez, 17, 2 andar, 28037 Madrid.

Denominación: centro de seccionamento telemandado en edificio prefabricado en Hotel Balneario de Guitiriz para cesión a Viesgo Distribución e o seu anexo.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento Balneario de Guitiriz en edificio existente, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático telemandadas. O centro de seccionamento estará alimentado por liñas obxecto doutro proxecto (100/2023-AT).

Finalidade da instalación: nova subministración

Orzamento: 35.416,36 euros

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Guitiriz.

– Anexo ao proxecto.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de abril de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo