Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente 2021/24-ATE).

O 12 de setembro de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBT Outeiro no concello de Sarria (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 11 de maio de 2022 e no Diario Oficial de Galicia do 27 de maio de 2022, para que comparezan o día 5 de xullo de 2023 no Concello de Sarria, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Sarria estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 2 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

LMTA, CTI e RBT Outeiro

Nº predio

Titular

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Afección apoio

Sup. apoio

Lonxitude voo (m)

Superficie voo (m2)

1

Descoñecido

4

88

Veigas

Prado

D76-69

10.0

2.0

74.0

2

Iván Valcarce Fernández

4

70

Muíños

Labor

1

10.0

230.0

1.144.0

3

Manuel López López

4

82

Tras Outeiro

Prado

52.0

4

Manuel Fernández López

4

81

Ribeira

Prado

139.0

5

Manuel Rodríguez Viralo

4

76

Ribeira Muíños

Labor

53.0

715.0

6

Manuel Fernández López

4

63

Prados do Muíño

Prado

14.0

193.0

8

Manuel López López

4

51

Prado Outeiro

Prado

2, 3

4.0

168.0

2.558.0