Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35739

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 31 do maio de 2023 pola que se renova a composición do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidad Autónoma de Galicia.

O artigo 10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, creou o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia como órgano de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar.

O dito consello estará presidido, de conformidade co artigo 10.3 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, pola persoa responsable da consellería con competencias en materia de educación.

De acordo co establecido no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, o nomeamento das persoas integrantes do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia será competencia da persoa titular da consellería con competencias en materia de educación, por proposta das organizacións, dos órganos, dos centros e das institucións a que pertenzan os seus membros, por un período de dous anos, a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e renovable por dous máis. No caso de que un dos seus membros perdese a súa representatividade, será designada unha persoa substituta conforme o sinalado nesta epígrafe e polo tempo que lle restaba no exercicio do cargo á anterior.

O 22 de novembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de novembro de 2019 pola que se nomean os membros do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, procede renovar a súa composición.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Membros do Pleno do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia

Nomear membros do Pleno do Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta das organizacións, dos órganos, dos centros e das institucións a que pertenzan os seus membros, as persoas que se relacionan a seguir:

1. Vicepresidencia: Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

2. Vogalías:

a) As persoas titulares das restantes direccións xerais e secretarías xerais da consellería con competencias en materia de educación vinculadas á mencionada área, ou as persoas nas cales deleguen:

Jesús Manuel Álvarez Bértolo, director xeral de Centros e Recursos Humanos.

María Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de Formación Profesional.

José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.

b) A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería con competencias en materia de educación, ou a persoa en quen delegue:

Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

c) A persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia de educación de cada provincia, ou a persoa en quen delegue:

Indalecio Cabana Leira, xefe territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Jorge Rubén Sampedro Grande, xefe territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

César A. Pérez Ares, xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

d) Catro persoas con rango de director/a xeral ou secretario/a xeral, representantes das consellerías competentes en materia de xustiza, sanidade, benestar e igualdade, ou as persoas nas cales deleguen:

Ramón Aguirre Seoane, subdirector xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

Alberto Fuentes Losada, secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade.

Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade.

e) Unha persoa representante do Consello Escolar de Galicia:

Manuel Corredoira López, vicepresidente do Consello Escolar de Galicia.

f) Unha persoa representante da Federación Galega de Municipios e Provincias:

César Longo Queijo.

g) Unha persoa representante da Xunta Autonómica de Directores de Centros Educativos:

María Soledad Louro Lestón.

h) Dúas persoas representantes das confederacións de asociacións de pais e nais, unha delas de centros educativos públicos e outra dos centros educativos privados concertados:

María José Ferreño Precedo, representante das confederacións de pais e nais de centros públicos.

Mario Fernández Fernández, representante das confederacións de pais e nais de centros privados.

i) Unha persoa representante por cada organización sindical con representación na mesa sectorial docente:

Julio Trashorras de la Fuente, representante de ANPE Galicia.

José Manuel Fuentes Fariña, representante de CC.OO. Ensino.

Antonia Martínez Díaz, representante de CIG Ensino.

Sandra Montero Nogadera, representante de UGT-Servizos Públicos Galicia.

j) Unha persoa representante da patronal dos centros de ensino privados concertados:

María Belén Costa Rodríguez.

k) Dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito da convivencia escolar:

Francisco Ramón Durán Villa.

Miguel Anxo Santos Rego.

3. Secretaría: unha persoa funcionaria da consellería con competencias en materia de educación, que actuará como secretaria ou secretario, con voz e sen voto.

Ana Mª Alzate Rodríguez, xefa do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia.

Artigo 2. Duración do mandato

O mandato, segundo o disposto no artigo 10.10 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, será por dous anos a partir da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, renovable por dous anos máis, sen que poida exceder os catro, sen prexuízo do establecido na disposición adicional única.

Artigo 3. Substitución por perda de representatividade

No caso de que unha das persoas membro perdese a súa representatividade, será designada unha persoa substituta conforme o sinalado neste punto e polo tempo que lle restaba no exercicio do cargo á anterior.

Disposición adicional única. Nomeamento inferior a dous anos por razóns de representatividade

No caso de persoas representantes das confederacións de pais e nais de alumnado de centros públicos, ao non existir unha proposta conxunta das diversas confederacións, o nomeamento será por un ano e terá carácter rotatorio, comezando pola persoa que figura no artigo 1.2.h).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades