Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35407

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á seguinte relación de convenios que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Deporte Galego no primeiro cuadrimestre de 2023.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Deporte Galego
no primeiro cuadrimestre de 2023

Data de sinatura

Convenio

Importe

27.4.2023

Convenio entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego polo que se crea e regula a Cátedra S.X.D. Galicia Activa

80.000,00 €