Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35408

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro) faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de cooperación entre o Concello da Lama e a Sociedade Galega de Medio Ambiente para a xestión da microplanta de transferencia integrada no punto limpo da devandita localidade.

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello da Lama e Sogama para a xestión da microplanta de transferencia de titularidade municipal que se atopa dentro de as instalacións do punto limpo da devandita localidade e que teñen a condición de bens de dominio e servizos públicos.

10.1.2023

26.125 €, impostos incluídos

Convenio de colaboración entre o Concello de Arbo e Sogama para a realización de obras de interese público relacionadas co ambiente na contorna do Concello, onde se instalará unha planta de transferencia de residuos para o servizo de varios concellos.

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Arbo e Sogama para a execución e financiamento das obras de execución do proxecto denominado Rede de saneamento na Ponte Cabaleiros (estrada autonómica PO 400 ente o p.q. 16+810 e o p.q. 17+315), segundo o proxecto técnico elaborado por Eloy Fernández-Valdés Gómez de Membrillera, obras que constitúen un servizo público á poboación do concello en que se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade de Sogama, e que terán incidencia directa na mellora do ambiente e da súa contorna.

17.2.2023

150.000 €, impostos incluídos

Convenio de cooperación entre o concello de Ponteceso e Sogama para a realización de obras relacionadas co ambiente na contorna do Concello.

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Ponteceso e Sogama para contribuír ao financiamento das obras de execución de ampliación do abastecemento na parroquia de Langueirón (A Carrasqueira, A Vitureira) fase II, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Pablo Blanco Ferreiro, colexiado número 22.992, obras que constitúen un servizo público relacionado co ambiente

31.3.2023

150.000 €, impostos incluídos

Cerceda, 11 de maio de 2023

Javier Domínguez Lino
Presidente