Expediente: IN407A 2022/347-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT SMC-701, apoio AHY5EDJ8//56.
Termo municipal: Cambre.
1. Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMC-701 autorizado no expediente 26.622, de 187,5 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-80, comprendido entre os seus apoios nº 55 (matrícula: AI16948D) metálico de chapa tipo AM-AL-CH-630/13CR1-CAI e nº 57 (matrícula: AHV0SFI3) de formigón tipo AM-AG-HP-2A/12-Lira-CAI, consistente en:
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15017A037000460000MD cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 55, do apoio nº 56 (matrícula: AHYSEDJ8) de formigón tipo S-AL-HP-2A/12-Lira-CSRI, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-1000/12-H35-CA(CS) no que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente) no van da liña SMC-701 de 95,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 55 existente e o novo apoio nº 56 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LAC-80 (condutor existente) no van da liña SMC-701 de 92,4 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 56 proxectado e o apoio nº 57 existente.
1. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 11 de maio de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Instalación de telecontrol en LMT SMC-701-apoio AHY5EDJ8//56
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Cambre
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Ignacio Brocos Sánchez |
15017A037000460000MD Polígono 37, parcela 46 |
Pozo |
Novo apoio nº 56 |
2 |
Rústico. Agrario |