Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 11 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Paderne e Betanzos (expediente IN407A 2022/345-1).

Expediente: IN407A 2022/345-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA PED-711 entre os apoios nº 31 e nº 32.

Concellos: Paderne e Betanzos.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-711 autorizado no expediente 34.739, de 430,4 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 30 (matrícula: APDUAXVW) de formigón tipo AL-HV-400/14-Bov-CS e nº 33 (matrícula: APBVOJWK) de formigón tipo AL-HV-630/15-Bov-CS, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15065A002009540000JE cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 30, do apoio nº 31 (matrícula: APDMSJAS) de formigón tipo ANG-HV-500/14-Bov-CA(CD), polo novo apoio metálico de celosía tipo ANG-C-2000/16-H35-CA no que se proxecta a instalación dunha nova cruceta para derivada e de novos elementos de protección e manobra tipo XS do CT Gas.

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15009A004000100000EI cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 33, do apoio nº 32 (matrícula: APCJEEJ0) de formigón tipo ANG-HV-1600/15-Bov-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo ANG-C-1000/16-H35-CA(CS).

– Instalación de novo condutor tipo LA-110, tras a retirada do actualmente existente, no van da liña PED-711 de 182 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 31 e nº 32 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-110, no van da liña PED-711 de 116,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 30 existente e o novo apoio nº 31 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110, no van da liña PED-711 de 132,1 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 32 proxectado e o apoio nº 33 existente.

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña denominada derivada ao CT Gas (expediente IN407A 1997/193-1) de 40,84 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 31 proxectado anterior e o apoio nº 31-1 (matrícula: APEO0CPO) metálico de chapa tipo AL-CH-2500/13-CR1-CA, consistente no tendido de novo condutor tipo LA-56 tras a retirada do actualmente existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 11 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMTA PED-711 entre apoios nº 31 e nº 32

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Paderne

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Encarnación López Pico

15065A002009540000JE polígono 2, parcela 954

As Veleiras

Novo apoio nº 31

2

Viña secaño

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Betanzos

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Herdeiros de Rosa Vázquez Vázquez

15009A004000100000EI polígono 4, parcela 10

Nogueira

Novo apoio nº 32

2

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeirable