Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34755

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE de 24 de maio de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Fogar de Santa Margarida, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Fogar de Santa Margarida, da Coruña, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) en Márketing e Publicidade.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para implantar o ciclo formativo de grao superior en Márketing e Publicidade, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Fogar de Santa Margarida.

Código: 15004794.

Domicilio: Valle Inclán, 1-3.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación Hogar de Santa Margarita.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

– Educación infantil: 9 unidades.

– Educación primaria: 18 unidades.

– Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

– Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

– Educación especial: 3 unidades.

Formación profesional:

– 1 ciclo formativo de FPB Servizos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Actividades Comerciais (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades