Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos (36CHP9) e substitución de apoios na LMTA GON805.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 de 185 metros de lonxitude, con orixe na LMTA existente GON8053093, no apoio proxectado C-3000/14 e final na LMTA existente GON8053160, no apoio proxectado C-1000/12.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, en catro actuacións. A primeira é de 921 metros, con orixe na LMTA existente GON8053083, mediante un paso aéreo subterráneo no apoio existente 9S348LEX//D36 no camiño Teixugueira, e final no centro de seccionamento proxectado. A segunda actuación é de 904 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final na LMTS existente GO8053129, na arqueta proxectada fronte ao número 3 do camiño Teixugueira. A terceira é de 69 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación Camiño do Xurdán (36CPH4). A cuarta é de 1.291 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación Tarela-Pazos (36CHP9).

– Centro de seccionamento prefabricado 4L-3 TC, situado na parcela con referencia catastral 54035A036000310000HT, Camiño do Xurdán.

– Reforma do centro de transformación Tarela-Pazos 36CHP9, situado no camiño do Sarabio e San Román, fronte ao Pazo de Brito, consistente na substitución da aparataxe existente por un bloque compacto 2L1P de 250 kVA, con RT 20.000/400 V.

– A instalación esta situada nos lugares de Grolos e A Nogueira, na parroquia de Nigrán (San Fiz), no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/237-4.

Denominación: LMTS GON805, CS Xurdán, reforma CT Tarela-Pazos (36CHP9) e substitución de apoios na LMTA GON805.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Grolos

Rústico

54035A036000310000HT

Descoñecido/a

13,78

5,20

21,30

2

Dehesa

Rústico

54035A036000730000HX

Descoñecido/a

1

1,44

3

Dehesa

Rústico

54035A036000810000HZ

Carmen Hermida Hermida

1

1,44

4

Telleina

Rústico

54035A036001840000HY

Ricardo Barros Hermida

1

1,44