Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2023/235-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CT A Bouzada.

Situación: Tomiño.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 mm2 Al, de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9XTOTJ3W9//56-1-7, HVH-2500/15, da LMTA TUI803, e final no apoio proxectado C 14/2000.

Centro de transformación intemperie, sobre o apoio proxectado C 14/2000, a 160 kVA, con relación de transformación 20000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36054A032000100000EJ, no lugar da Bouzada.

A instalación está situada no lugar da Bouzada, parroquia de Piñeiro, no municipio de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/235-4.

Denominación: LMT e CT A Bouzada.

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións m2 aér.

1

A Bouza

Rústico

36054A032000120000ES

Descoñecido/a

31,00

2

A Bouza

Rústico

36054A032000100000EJ

Manuel Tejido Ferreira

22,00