Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/234-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS GON805 e CTC rúa Reboreda.

Situación: Nigrán.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 1.578 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente GON805, no tramo GON8053165, mediante empalmes que se realizarán nas arquetas proxectadas fronte ao número 1 da rúa Con, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54035A050004760000HQ, na rúa Reboreda, fronte ao número 3.

A instalación está situada na parroquia de Parada, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/234-4.

Denominación: LMTS GON805, CTC rúa Reboreda.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Reboreda

Rústico

54035A050004760000HQ

Descoñecido/a

16,81

8,00

29,90