Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/231-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA ATI727, CTI San Cibrán.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea a 15 kV, con condutor LA-56, de 291 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente AOYXOXHI//59-12 da liña de media tensión aérea (LMTA) ATI727, tramo ATI7270424, e final no apoio proxectado C-2000/14.

– Centro de transformación intemperie no apoio proxectado C-2000/14, a 160 kVA con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A138000440000BP, no camiño da Miragaia.

A instalación está situada no lugar de San Cibrán, na parroquia de Bembrive, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/231-4.

Denominación: LMTA ATI727, CTI San Cibrán.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

As Cerqueiras

Rústico

54057A138000490000BO

Entidade Local Menor

de Bembrive

1-2

3,38

116,42

1.585,20

2

As Cerqueiras

Rústico

54057A138000510000BM

Entidade Local Menor

de Bembrive

12,31

27,96

3

Souto-Bembrive

Rústico

6611702NG2761S0000QG

Entidade Local Menor

de Bembrive

157,94

2.188,43

4

San Ciprián

Rústico

54057A138000440000BP

Hrdos. de Dolores Vila Ribas

3-4

2,88

28,43

305,84

5

San Ciprián

Rústico

54057A138000750000BQ

José Arturo Gorreo Gato

7,06

28,69

6

San Ciprián

Rústico

54057A138000450000BL

José Arturo Gorreo Gato

24,89

166,75