Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2023/230-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ROS805, substitución CTI Portocelo (36AM56) por CTC e novo CTC Portocelo.

Situación: O Rosal.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 40 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9NVNJ9BT//35-3-CTA da liña de media tensión aéra (LMTA) ROS805, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado nº 1, que substitúe o centro de transformación intemperie Portocelo 36AM56.

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 399 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado nº 1 e final no centro de transformación proxectado nº 2.

Centro de transformación nº 1, compacto, a 250 kVA con relación de transformación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36048A001001550000FA, no camiño de Casetas, Portocelo.

Centro de transformación nº 2, compacto a 100 kVA, con relación de transformación 20.000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36048A002002010000FQ, camiño do Sarrido, Santa Mariña, número 3, no lugar de Amiadelo.

As instalacións están situadas en Portocelo, no municipio do Rosal (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/230-4.

Denominación: LMTS ROS805, substitución CTI Portocelo (36AM56) por CTC e novo CTC Portocelo.

Concello: O Rosal.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Amiadelo

Rústico

36048A002002010000FQ

CMVMC de Santa Mariña do Rosal

14,97

3,98

16,37