Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Guarda (expediente IN407A 2023/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063, LMTS ROS808 e CT Camposancos.

Situación: A Guarda.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 157 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9OUMI84L da LMTA ROS8080063 e final no apoio proxectado 9OR9A24N (substitución do apoio existente por un C-1000/14).

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 611 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14, mediante un paso aéreo-subterráneo e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 160 kVA con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36023A035000850000UL, no lugar de Salgueiró, a carón do número 35.

A instalación está situada en Salgueiró, parroquia de Camposancos, no municipio da Guarda (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/223-4.

Denominación: substitución do apoio 9OR9A24N da LMT ROS8080063, LMTS ROS808 e CT Camposancos.

Concello: A Guarda.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Galapa

Rústico

36023A035000850000UL

Descoñecido/a

14,97

4,48

18,24

2

Coelleiras

Rústico

36023A033005100000UY

Descoñecido/a

1

1,44

7,14

18,24