Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Dozón (expediente IN407A 2023/218-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: instalación de reconectador e fusibles XS en apoios da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: na liña de media tensión aérea (LMTA) LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11 proxéctanse as seguintes actuacións:

Substitución do apoio B08A0CKV//88-A76-4-A1 por un de tipo celosía A-AG-C-2000-14.

Instalación de un reconectador telecontrolado no apoio proxectado B08A0CKV//88-A76-4-A1.

Retirada dos fusibles XS do apoio B08A0CKV//88-A76-4-A1 e do apoio B0AGSLRB//88-A75-5.

Instalación de fusibles XS no apoio existente AXMC192V//88-A76-4-A10.

Instalación de fusibles XS no apoio existente B1381HGA//88-A76-14.

Instalación de novo con condutor LA-56 entre apoio proxectado B08A0CKV//88-A76-4-A1 e o existente B0986DTG//88-A76-4 (51 metros).

Regulación do condutor LA-30 existente entre os apoios B08A0CKV//88-A76-4-A1 e B033DU7X//88-A76-4-A3 (568 metros).

As instalacións están situadas nas parroquias do Castro e Bidueiros, no municipio de Dozón (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/218-4.

Denominación: instalación de reconectador e fusibles XS en apoios da LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Concello: Dozón.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Matrícula

(m2)

1

Coto da Taberna

Agrario

36016A02900044

Descoñecido/a

B08A0CKV//88-A76-4-A1

2,00