Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34185

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan parcial do solo urbanizable SU-IC-I.

Tras ser aprobado inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable SU-IC-I do Concello de Coles, que desenvolve o Plan xeral de ordenación municipal, mediante a Resolución da Alcaldía número 2023-133, do 9 de maio de 2023, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://concellodecoles.sedelectronica.gal].

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

O presente anuncio serviralles de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Coles, 10 de maio de 2023

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde