Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación dos predios afectados pola ampliación da estrada A Baiuca-Propeste, Montemaior.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 21 de abril de 2023, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio para a obtención dos predios afectados pola ampliación da estrada A Baiuca-Propeste, Montemaior (A Laracha), de acordo co artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O proxecto de expropiación sométese á información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 2 de maio de 2023

José Manuel López Varela
Alcalde