Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro do 2022. Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2.12.2022 ata o 26.12.2022.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso ao grao I ou II polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario I e II do sistema de carreira administrativa, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso ao grao establecidos na Orde do 25.11.2022.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Causas

Detalle

Observación

1

Non ser funcionario nesta administración en 31.12.2021

Artigo 14.1.a)

2

Persoal non incluído no ámbito de aplicación

Artigo 3

3

Fóra de prazo

Artigo 11

4

Xa ten unha solicitude feita por FIDES e estimada

Acta núm. 1 Comisión de Seguimento

5

Xa ten unha solicitude feita por FIDES pendente de resolver

Acta núm. 1 Comisión de Seguimento

6

Sentenza non firme

Cláusula adicional segunda

7

Non ten o grao I en 31.12.2021

Artigo 16.1.c)

Data solicitude

NIF

Interesado/a

Grao

Causa

1

15.12.2022

***9633**

Vanessa Trastoy Bello

2

4, 7

2

21.12.2022

***9701**

María Elena Codesada Mouriño

1

8

3

21.12.2022

***6185**

Consuelo López Folgueira

1

1

4

26.12.2022

***5592**

Benito Alonso Pérez

1

1

5

12.1.2023

***5227**

Telmo Álvarez González

21

3

6

3.3.2023

***6888**

Pilar Lence Méndez

2

3, 4, 7

7

5.4.2023

***3090**

Amalia Mato Pintane

2

3

8

14.4.2023

***2723**

Óscar Manuel Suárez Romarís

1

3

9

28.4.2023

***7628**

Roberto Salvado Garaboa

2

8

1 Figuraba erroneamente na Resolución do 16.3.2023 (DOG núm. 44, do 3 de marzo) como grao 1.