Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2023 Páx. 34171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto polo Consello Galego de Colexios Médicos de Galicia fronte á resolución presunta (por silencio administrativo) da Consellería de Sanidade/Xerencia do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria da reclamación presentada polo Consello de Colexios Médicos de Galicia o 29 de decembro de 2022, en que se solicitaba a retirada do programa XIDE (Xestión integral da demanda en equipo).

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde recibiron da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo Consello Galego de Colexios Médicos de Galicia fronte á resolución presunta (por silencio administrativo) da Consellería de Sanidade/Xerencia do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria da reclamación presentada polo Consello de Colexios Médicos de Galicia o 29 de decembro de 2022, en que se solicitaba a retirada do programa XIDE (Xestión integral da demanda en equipo) (P.O. 7092/2023).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos, no prazo de 9 (nove) días contado desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade