Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do eixo de mobilidade sustentable en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda río Barbaña) no concello de Ourense (clave OU/22/081.06) .

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2, a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado do eixe de mobilidade sustentable en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda río Barbaña), clave OU/22/081.06, no concello de Ourense, produciuse o 9 de marzo de 2023 mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo de 2023. Atendendo ao disposto no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, así como a urxencia da ocupación para efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, dos terreos necesarios para executar esta obra.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017, sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Ourense.

Lugar: Centro Cívico da Ponte, rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, 32001 Ourense.

Data: 13 de xuño de 2023; das 9.30 ás 14.00 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostos no Concello de Ourense e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, 1, 32003 Ourense), e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0330.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este Servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican:

Termo municipal de Ourense.

Lugar: Centro Cívico da Ponte, rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, 32001 Ourense

Data: 31 de xullo de 2023; das 10.00 ás 12.00 horas.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, coa advertencia aos titulares de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención vixentes nas datas de realización dos actos convocados no presente anuncio.

Ourense, 22 de maio de 2023

O xefe do Servizo Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 20.7.2015)
Uxío Solla Fontán
Enxeñeiro superior de Camiños, Canais e Portos