Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de maio de 2023, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra do eixo de mobilidade sostible en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda do río Barbaña), no concello de Ourense (clave OU/22/081.06).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez 1 (Ourense), e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 22 de maio de 2023

O xefe do Servizo Provincial de Ourense
P.S. (Resolución 20.7.2015)
Uxío Solla Fontán
Enxeñeiro superior de Camiños, Canles e Portos

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado

07

Eixe de mobilidade sostible en Ourense, treito Os Remedios-Expourense (senda do río Barbaña)

Alejo Álvarez

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data do 13.6.2023, ás 11.00 horas, e convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data do 31.7.2023, ás 11.15 horas