Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2023 pola que se aproba a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sada-Fontán (Sada, A Coruña).

A área de explotación e planificación portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Sada-Fontán, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Sada, na provincia da Coruña, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro).

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia que tivo lugar o día 26 de abril de 2023, este acordou dar a súa conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Sada-Fontán, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o Informe da Xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia, do 25 de abril de 2023, sobre o trámite da proposta da modificación da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o Acordo do seu Consello Reitor, do 26 de abril de 2023, dando a conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Sada-Fontán e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida pola Orde do 21 de febreiro de 2022,

RESOLVE:

Aprobar a modificación do documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Sada-Fontán (Sada, A Coruña), datado en abril de 2023 e asinado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos Andrés Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria da dita entidade pública.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia