Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza, no concello de Soutomaior, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 10 de maio de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/263-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA, LMTS e substitución do CTI Aranza.
Concello: Soutomaior.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data de ocupación |
Depósito previo |
1 |
36053A005000860000XS |
Rosa Florentina Vidal Vidal |
22 de xuño de 2023 |
2023/54/128 |
2 |
36053A005000570000XH |
Descoñecido |
22 de xuño de 2023 |
2023/54/131 |