Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/035-4).

O 31 de xaneiro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica LMT e CTC O Couto-Tremoedo.

O 3 de marzo de 2022, esta xefatura territorial ditou unha resolución pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/035-4). Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo de 2022.

O 30 de agosto de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado do proxecto orixinal, xa que, a raíz dunha concentración parcelaria na zona, é posible soterrar un tramo da instalación por unha pista, eliminando así algunhas afeccións sobre parcelas particulares.

O 28 de marzo de 2023, tras resposta ao requirimento realizado por esta xefatura, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou un refundido do proxecto.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CTC O Couto-Tremoedo.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

No tramo CBD8032494 do circuíto aéreo da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 substitúese o apoio 9UUBGU5T//38-7 por un apoio de celosía do tipo C-2000/16, no cal se instala un interruptor telecontrolado (ITC). Neste mesmo tramo tamén se substitúe 157 metros de condutor LA-110 por unha LMTA a 20 kV, con condutor LA-110 de 156 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado e final no apoio 9UW5KLKE//38-8.

Instalación dun centro de transformación de 160 kVA de potencia, compacto rural de manobra exterior telexestionado con envolvente prefabricada de formigón, conectado ao tramo LMTA CBD80332494 mediante unha liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 753 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 mediante un paso aerosubterráneo (PAS) e final no centro de transformación proxectado.

O centro de transformación será instalado na parcela con referencia catastral 36061A22001360000FB, no lugar de Tremoedo, en Vilanova de Arousa.

A instalación está situada nos lugares de Cabreiro e O Couto, na parroquia de Tremoedo, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2022/035-4.

Denominación: LMT e CTC O Couto-Tremoedo.

Concello: Vilanova de Arousa.

Núm.

Cultivo

Parcela

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Agrario

1517

Susana Beatriz Durán Lorenzo

2,42

7,29

2

Agrario

36061A220001360000FB

Descoñecido/a

12,96

2,52

9,20