Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2022/318-4).

Para os efectos previstos no título IX da na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: RBT no lugar de Estonllo-San Martín.

Situación: O Grove.

Características técnicas: soterramento dun van de 39 metros de cable XZ1 da rede de baixa tensión do centro de transformación 36AE09, para adecuar o tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) VLG802. Ademais, instálase un apoio HV 630/11 e se reténsase o van de liña aérea de baixa tensión existente de cable RZ. As instalacións están situadas no lugar de Estonllo-San Martín, no concello do Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/318-4.

Denominación: RBT no lugar de Estonllo. San Martín.

Concello: O Grove.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Grove

Rústico

36022A021010690000EX

CMVMC de San Martiño

1

0,64

23,74

28,84

87,29

37,11