Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/128-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e CT O Pobo.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 159 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente núm. 11-7 da LMTA MUR817 e final no apoio proxectado núm. 11-7-2.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor RHZ1, de 207 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado núm. 11-7-2, mediante un paso aerosubterráneo, e final no centro de transformación (CT) proxectado.

Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado no lugar do Pobo.

A instalación está situada no lugar do Pobo, na parroquia de Santo Tomás de Tomeza, no municipio de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2023/128-4.

Denominación: LMTS e CT O Pobo.

Concello: Pontevedra.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Apoio

Afeccións

núm.

m2

ml aér.

m2 aér.

2

Pombal

Prado

36900A067003270000QH

Ofelia García Fernández

89,00

3

Campos

Matogueira

36900A067004220000QZ

Descoñecido/a

11,00

157,00

5

Outeiro de Bouzas

Prado

36900A067002330000QH

Descoñecido/a

30,00

6

Outeiro de Nes

Prado

36900A067002190000QD

Descoñecido/a

11-7-1

1,00

10,00

129,00

7

Outeiro de Nes

Prado

36900A067002200000QK

José Boullosa Farto

11-7-1

1,00

25,00

392,00

8

Outeiro de Nes

Prado

36900A067002210000QR

José Boullosa Farto

67,00

877,00

11

Vía comunicación

Praza

36900A067090020000QH

Asociación Veciñal

17,00