Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia sobre compatibilidade con monte veciñal en man común efectuado no expediente 2020/13 AT modificado 1 do proxecto CT e LMT peche TTL814 con SAR806, no concello de Sarria, por enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao ignorar o lugar de notificación dos titulares, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para o trámite de audiencia sobre a compatibilidade da instalación tramitada no expediente 2020/13 AT modificado 1 do proxecto CT e LMT peche TTL814 con SAR806 co MVMC Chá (Corvelle).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial de Enerxía e Minas de Lugo, sita na rolda da Muralla, 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia del. Transcorrido o dito prazo de quince (15) días hábiles sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esta publicación.

Lugo, 10 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

MCVC Chá

Trámite de audiencia