Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de maio de 2023, da Secretaría Xeral de Industria, sobre o trámite de consulta ás persoas interesadas no proxecto industrial estratéxico de produción de hidróxeno renovable H2POLE, no concello das Pontes de García Rodríguez.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase ás persoas interesadas, que se relacionan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, do proxecto de produción de hidróxeno renovable H2POLE, no concello das Pontes de García Rodríguez, declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de setembro de 2022, e publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 3 de abril de 2023.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

O contido íntegro do dito proxecto pode consultarse na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/pie/h2pole

Transcorrido o prazo de quince (15) días sen comparecer, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

Paula Mª Uría Traba
Secretaria xeral de Industria

ANEXO

Expediente: proxecto industrial estratéxico (PIE_01).

Entidade promotora: H2POLE, S.L.

Proxecto: produción de hidróxeno renovable H2POLE.

Concello: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Hidroxenoduto á rede básica de gas natural.

Persoa interesada proposta

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Municipio

Superficie total do predio (m2)

Lonxitude (m)

Pleno dominio

Servidume

permanente (m2)

Servidume

temporal (m2)

Rosenda Caaveiro López

15071A04308008

43

8008

As Pontes de

García Rodríguez

33.442

127

-

508

766

Herdeiros de Baltasar Tenreiro Antón

15071A50100006

501

6

As Pontes de

García Rodríguez

13.126

93

4.150

372

588

Liña de alta tensión (LAT) alternativa cara a SET Puentes G.R. 400 kV.

Persoa interesada proposta

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Municipio

Superficie total do predio (m2)

Lonxitude (m)

Pleno dominio

Servidume

permanente (m2)

Servidume temporal (m2)

Rosenda Caaveiro López

15071A04308008

43

8008

As Pontes de

García Rodríguez

33.442

36,3

4.326,5

273,3

108,1