Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2023/183-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución do apoio B8B17VKN//188-A5-7 da LMTA CHA815 e instalación IT.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: substitución do apoio B8B17VKN//188-A5-7 da liña de media tensión aérea (LMTA) CHA815, por un apoio C-2000/16, no cal se instala un interruptor telecontrolado. Retensado dos vans aéreos contiguos ao apoio proxectado C-2000/16. A instalación está situada en Aboldrón, Camba, no municipio de Rodeiro (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de mayo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/183-4.

Denominación: substitución do apoio B8B17VKN//188-A5-7 da LMTA CHA815 e instalación IT.

Concello: Rodeiro.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

1

Aboldrón

Rústico

36047A069002980000PO

Dora Fernández Calviño

2,00